Falece o ex concelleiro da era Cobián Fulgencio López Tomé

Traballou na corporación entre 1991 e 1995

Fulgencio López Tomé. DPO ex concelleiro pontevedrés Fulgencio López Tomé faleceu onte aos 79 anos de idade. Moi vinculado á cidade, foi edil xunto a Pancho Cobián entre os anos 1991 e 1995. Vicepresidente da Comunidade de Montes de Mourente e tesoureiro do club de Leóns, López Tomé era un veciño moi querido. Os seus compañeiros na actividade política destacan del a súa capacidade de traballo.

"Era un gran loitador por Mourente, sempre defendeu á súa parroquia por enriba de todo". Ademais, sinalan que era López Tomé era "unha desas pesonas que pasan pola vida sen facer ruído, pero que traballan arreo polos demais".

Comentarios