Falece un home de 87 anos con covid-19 no Chup

Presentaba patoloxías previas
Ambulancias aparcadas en la entrada de Urgencias en Montecelo. DP
photo_camera Ambulancias aparcadas en la entrada de Urgencias en Montecelo. DP

A morte doutras dúas persoas que foran diagnosticadas con covid-19 elevou as vítimas da pandemia en Galicia a 2.875.

Un dos decesos produciuse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés: un home de 87 anos que estaba ingresado no Chup. Deste xeito o número de vítimas na área elévase a 240.

O outro falecemento correspóndese co dunha muller de 68 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas.