Unha familia de gansos pasea polas rúas de Pontevedra

A parella e as súas sete crías caeron desde un balcón na rúa Augusto González Besada

Los gansos, por las calles de Pontevedra. TVG
photo_camera Os gansos, polas rúas de Pontevedra. TVG

Dous gansos do Nilo coas súas sete crías acapararon a atención de veciños de Pontevedra este xoves ao pasear tranquilamente pola rúa Augusto Gónzalez Besada e a praza de San José. Os animais saltaron desde o balcón dun sexto piso, onde tiñan o niño.

Os veciños avisaron á Policía Local e lograron metelos nunha caixa para, despois, trasladalos ao centro de recuperación da fauna de Coto Redondo, segundo informou a TVG.

Non é a primeira vez que os gansos do Nilo dan unha volta polo centro de Pontevedra, xa que se trata dunha especie que afai facer os seus niños nos altos dos eficios da cidade.

Comentarios