As familias do plan Cubertos recibirán menús especiais para Noiteboa e Nadal

Repartiranse 1.500 kits de comida envasada ao baleiro ata o 4 de decembro
undefined
photo_camera Voluntarios do programa Cubertos, este martes, en Afundación. DAVID FREIRE

As familias do plan Cubertos tamén recibirán menús especiais para Noiteboa e Nadal. O programa, impulsado por Afundación nas sete cidades de Galicia e que en Pontevedra se conveniou co Concello de Pontevedra, xurdiu para cubrir as necesidades do comedor escolar do alumnado durante as vacacións do Nadal, nas que este servizo non está operativo. Os beneficiarios son nenos de familias pobres.

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, participou este martes na entrega da primeira quenda de menús infantís, que se realizou no Café Moderno, a sede da Obra Social de Abanca. En total repartiranse 1.500 kits de comida envasada ao baleiro ata o 4 de decembro. As persoas que non poidan achegarse ata o centro de Pontevedra recibirán os lotes nas súas casas a través de Protección Civil.

A iniciativa, que se repite tras a levada a cabo durante o peche dos comedores no verán, conta coa participación de empresas como Nova Pescanova.

Comentarios