A Feira Chalana volta este mércores á praza da Ferraría

As 13 casetas dos artesáns estarán ata o vindeiro 4 de agosto

Casetas da Feira Chalana do ano pasado. CRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Casetas da Feira Chalana do ano pasado. CRISTIAN FERNÁNDEZ

Coa chegada do verán e das festas, volve a Feira Atlántica da Artesanía e Deseño Chalana que este ano chega á súa XII edición. Estará situada na praza da Ferraría dende o mércores, 17 de xullo até o 4 de agosto, en horario de 11 a 14 e de 19 a 22:30 horas.

Serán 13 as casetas de artesáns de distintos oficios. Nesta ocasión estarán tecedoras coma Sandra Báston ou artesáns téxtiles como La Luna y La Luciernaga; en xoiería será Amorei e Feitura, con pezas inspiradas na natureza, no bambú e na forzaentos, sen esquecer a presencia da colareira de O Grove Montse Betanzos, que traballa con cunchas naturais, os esmaltes ao fogo de Xakarandá e o traballo do obradoiro vigués de Mario Fernández que é quen de reciclar en xoias antigos utensilios de prata .

Os Alegres de Pontevedra presentarán os seus derradeiros traballos na recuperación de instrumentos tradicionais. A recoñecida ceramista Mónica Leónlagata participa este ano por primeira vez, como tamén o fai o obradoiro Las Chapas que dende Sevilla sorprenderá ao público con produtos creado a partir da reciclaxe de chapas de bebidas e o Taller Llue Vidro. Os obradoiros de coiro Jatafarta e A Bocados consolidan tamén a súa presencia nesta edición acoden e A Bocados.

A Feira Chalana é unha das citas artesáns máis agardadas do noroeste peninsular no verán e que conta co apoio do Concello de Pontevedra e da Asociación Deseño Atlántico.

Comentarios