A feira dos próximos dous sábados múdase a Campolongo a causa do Tríatlon

Terá lugar no espazo que separa a Igrexa de San José de Campolongo e as piscinas da Praza de Galicia

Imagen de la feria de Rafael Areses, en la zona de A Xunqueira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Feira na zona da Xunqueira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

As probas do Mundial do Tríatlon, que se cebrarán do 27 de abril ao 4 de maio, obrigan ao Concello a trasladar o mercadillo  dos próximos dous sábados da Xunqueira a Campolongo. Segundo informou este luns o Goberno local, as feiras dos días 27 de abril e 4 de maio, terán lugar no espazo que separa a Igrexa de San José de Campolongo e as piscinas da Praza de Galicia.

"Incluso podería ocupar parte da Praza da Constitución", indicou o nacionalista Raimundo González.

O traslado conta co aval dos técnicos do Concello e da Policía Local. No entanto, os feirantes que decidan non participar nesta localización alternativa poderán solicitar a devolución da parte proporcional das taxas que abonan ao Concello.

TRÁFICO. O campionato tamén influirá no tráfico do municipio e arredores. De feito, algúns condutores xa se toparon con letreiros informativos nalgunhas zonas de estacionamento próximas a orillamar, nos que se anunciaban as inminentes restricións de aparcadoiro.

 Ademais, o plan de tráfico elaborado pola Policía Local tamén contempla a prohibición de circular nalgúns viarios durante a competición, que se celebrará entre o 27 de abril e o 4 de maio. O primeiro día veranse afectadas a estrada N-550 e varias rúas do centro.

Comentarios