Unha prancha provoca un pequeno incendio nun piso de García Camba

Os Bombeiros extinguiron as chamas antes de que se propagasen, e o descoido quedou nun susto
2020091611521080900
photo_camera Un instante da intervención dos Bombeiros. GONZALO GARCÍA

Efectivos do Parque Municipal de Bombeiros de Pontevedra e membros da Policía Local acudiron ao mediodía deste martes a un inmoble do centro da cidade en resposta ao aviso de que se estaba producindo un incendio.

Unha vez no lugar, o número 2 da citada vía, subiron á segunda planta, de onde saía unha importante cantidade de fume. O foco estaba nunha prancha que alguén esquecera acesa e sobre a táboa, polo que se provocou unha combustión.

O incidente foi resolto con rapidez coa axuda dun extintor. A continuación, os Bombeiros procederon á ventilación das estancias, todo iso baixo a atenta mirada de numerosas testemuñas da intervención. Non se rexistraron danos persoais,