A Festa do Demo volve este venres a Pontevedra

A comitiva "infernal" sairá desde os Arcos de San Bartolomeu e percorrerá as prazas e rúas do centro histórico
Presentación de la Festa do Demo. CONCELLO DE PONTEVEDRA
photo_camera Presentación da Festa do Demo. CONCELLO DE PONTEVEDRA

O centro histórico da cidade de Pontevedra celebrará este venres, 23 de agosto, a Festa do Demo facendo "diabluras" polas rúas da localidade e reivindicando o "baile agarrado".

O tradicional 'Demo' e o seu séquito demoníaco sairán dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer nunha comitiva, a partir das 12.30 horas, as prazas e rúas da zona monumental. Como sempre, os menores, que tamén poden acudir á cita disfrazados con roupaxes infernais, intentarán arrincar o rabo ao diaño, "como manda a tradición", con bromas e "diabluras".

Como é tradición, os máis pequenos intentarán arrincar o rabo ao diaño

'O Demo' volverá saír pola tarde, a partir das 20.00 horas, repetindo o paseo pola zona vella acompañado por música e festa. ás 21.00 horas, a praza de José Martí acollerá o tradicional Concerto de San Bartolomé, a cargo da Banda de Música de Salcedo.

Ás 21.30 horas, as celebracións desenvolveranse na praza de Curros Enríquez, coa Foliada do Demo, a verbena popular que traslada ao público aos anos 50 coas actuacións dos Chichisos e a charanga Os Centenarios.

Un dos principais obxectivos da festa é "recuperar o baile agrrado", segundo sinalaron Carme da Siva e Xosé Feijóo durante a presentación da mesma

Esta será unha verbena "desenchufada", xa que non terá megafonía nin luces: "cero watts", chanceou o portavoz dos Chichisos, Xosé Feijóo. A concelleira de Festas de Pontevedra, Carme da Silva, e Xosé Feijoo, presentaron este mércores esta foliada, sinalando que un dos principais obxectivos é "recuperar o baile agarrado". Na recreación da verbena non faltará tampouco a vendedora de rosquillas, engadiron.

Comentarios