As filloas vencedoras do Avoa Fest chegan ao Concello de Pontevedra

Fernández e Rey foron unánimes no seu veredicto: "O premio é máis que merecido"

Tino Fernández e Marcos Rey probaron as filloas de Cuca Gómez. PSOE PONTEVEDRA
photo_camera Tino Fernández e Marcos Rey probaron as filloas de Cuca Gómez. PSOE PONTEVEDRA

A gañadora do Desafío Filloa do Avoa Fest, Cuca Gómez Vergutini, achegouse este mércores ata o Concello de Pontevedra para entregarlles unhas filloas ao tenente de alcalde, Tino Fernández, a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, e o edil de Benestar Social, Marcos Rey.

Fernández e Rey foron unánimes no seu veredicto: "O premio do Desafío é máis que merecido".

O Desafío Filloa, celebrado o pasado 18 de setembro, é unha das actividades que conforman o programa do Avoa Fest, que finaliza o vindeiro 26 de setembro.

Desafio Filloa do Avoa Fest_ conducido polo humorista Isi