A firma pontevedresa Krack Zapaterías, mellor "Peme do ano"

A Cámara de Comercio entregou a Cristalería Pontevedresa unha mención especial pola súa loita contra a covid
Los galardonados por el Premio Pymes Pontevedra 2020 durante el acto. DP
photo_camera Os galardoados polo Premio Pemes Pontevedra 2020 durante o acto. DP

Recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián é o obxectivo do Premio Peme do ano 2020 que este xoves entregou a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

O premio principal desta edición, Peme do Ano, recaeu na empresa pontevedresa Krack Zapaterías, mentres que Cristalería Pontevedresa, foi distinguida cunha mención especial no apartado da mellor iniciativa na loita contra a covid-19.

O acto celebrouse este venres na sede central da Cámara de Comercio e estivo presidido polo presidente da entidade, José García Costas, que fixo entrega dos distintos galardóns.

Nesta segunda edición participaron máis de 100 pemes pertencentes á demarcación cameral.

A convocatoria do premio responde o interese da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e o Banco Santander por axudar ao progreso das empresas e as familias e pretende recoñecer e dar visibilidade ao esforzo diario dos empresarios e a súa contribución ao desenvolvemento económico e a creación de emprego.

Ademais de Krack Zapaterías e Cristalería Pontevedresa foron galardoadas Hermasa Canning Teechnology (Internacionalización), Esypro Manutención (dixitalización e innovación), Toca Salgado (formación e emprego) e Lacados Digoin (empresa responsable).

Comentarios