Os Frostys e as Snowflakes toman Monte Porreiro

A sección 'Fai e desfai' de Pontexogos TV leva a Lérez un obradoiro de decoración de Nadal para os máis pequenos

Frostys e Snowflakes nas rúas de Monte Porreiro. CEDIDA
photo_camera Frostys e Snowflakes nas rúas de Monte Porreiro. CEDIDA

Un novo pasarrúas de Nadal levou este sábado ao barrio de Monte Porreiro os Frostys —homes de xeo— e as Snowflakes —folerpas de neve— de Pablo Mèndez Performances. Os veciños pudieron gozar con eles da súa música e do seu espectáculo.

A iniciativa, impulsada pola Concellería de Promoción Económica e #PonteLovers, leva a fantasía e a ilusión ás rúas da cidade nas festas de Nadal, que xa pasaron o seu ecuador.

No foi, en calquera caso, a única actividade celebrada este sábado, no que a sección Fai e desfai de Pontexogos TV viaxou ao pavillón do colexio de Lérez.

Rapaces participantes no Ponte Xogos no pavillón do colexio de Lérez. CEDIDA

Desenvolveuse alí un obradoiro creativo de decoración de Nadal. Os máis pequenos da parroquia pasárono en grande elaborando un pompón de Nadal para decorar as súas árbores. Esta actividade tamén está impulsada pola Concellería de Promoción Económica a través da plataforma #PonteLovers.

Comentarios