Funcionarios da Lama instalan unha mesa informativa para denunciar a súa "invisibilidade"

Pretenden que a xente coñeza as condicións laborais nas que traballan

Funcionarios de A Lama, en Pontevedra. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Funcionarios da Lama, en Pontevedra. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

Delegados sindicais de ACAIP, CC.OO., UXT, CIG, CSIF, ATP, con representación no Centro Penal pontevedrés da Lama, instalaron este venres unha mesa informativa fronte á Subdelegación de Goberno en Pontevedra para visibilizar o traballo que desempeña este colectivo e informar á cidadanía "do que realmente se atopan" no seu traballo e "que pasa desapercibido para a sociedade". Así, exhibiron un catálogo cos presos máis perigosos que estiveron neste cárcere, un cartel con imaxes de numerosos obxectos cortantes requisados aos reclusos e unhas "luvas de xardineiro" coas que están equipados para facerlles fronte.

Estes portavoces lamentaron a "invisibilidade" que caracteriza ao seu colectivo, algo que os fai "pasar desapercibidos ante a sociedade e ante uns xestores políticos que, a pesar de empezar no goberno con boas palabras, estas "nunca se converteron en feitos". Así, culpan da súa situación aos diferentes gobernos do Estado desde hai unha década, "independentemente da cor do partido que este gobernando".

Segundo explicaron a todos aqueles cidadáns que se lles achegaron este venres, o persoal penal encárgase da execución das condenas, un traballo multidisciplinar e cun "alto nivel de esixencia". O colectivo de funcionarios de prisións suma uns 24.000 traballadores, entre os que se atopan profesionais de medicina, enfermería, vixilancia e cociña, entre outros.

UN MEDIO LABORAL PERIGOSO. Neste sentido, recordaron que a diversidade delituosa, a existencia de persoas perigosas condenadas por delitos de terrorismo, asasinato ou do crime organizado; ou o aumento de poboación recluída con enfermidades mentais, "fan que este medio laboral sexa perigoso".

Do mesmo xeito, denuncian que no centro penal da Lama existen máis de 50 vacantes en todas as categorías, que se suman á elevada media de idade do persoal, que supera os 50 anos de media. Aseguran ser o colectivo con maior taxa de sinistralidade laboral, "por mor das agresións sufridas".

Por estes motivos, reivindicaron que se cubra o déficit de prazas e se aborde o problema do envellecemento dos persoais, se facilite a formación continua e adecuada para cumprir e garantir a seguridade no interior e os fins de reeducación e reinserción social.

Comentarios