Un Ganapán vegetariano con bolboretas máxicas e simpáticas lechuzas

Todos os talleres celebraranse a partir das 12:00 horas e quen desexen participar deberán reservar praza previamente a través do email [email protected] antes das 16:00 horas do día anterior 
Un dos últimos obradoiros do Ganapán. RAFA FARIÑA
photo_camera Un obradoiro anterior do Ganapán. RAFA FARIÑA

O programa de lecer infantil O Ganapán, destinado a nenos e nenas de 4 a 10 anos, regresa este fin de semana ao Mercado de Abastos cun programa no que terán moito protagonismo as receitas culinarias vegetarianas. Ao mesmo tempo, o espazo impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo desenvolverá uns divertidos talleres de manualidades nos que os asistentes poderá crear fantásticos animais cos materiais máis sinxelos.

A programación abrirase o sábado 7 de maio cun taller de elaboración de saborosas hamburguesas vexetais e outro no que os máis pequenos terán a posibilidade de xerar unhas bolboretas máxicas ideais para xogar ou decorar e encher de alegría as plantas de casa ou o xardín.

Programación do saÌ?bado 7 de maio. CEDIDA
Programación do saÌ?bado 7 de maio. CEDIDA

Segundo apunta a concelleira de Promoción Económica, a socialista  Yoya Branco, "a diversión continuará o domingo 8 de maio cun novo taller de cociña no que os nenos e nenas poderán realizar uns fabulosos crocantes de calabacín e outro no que confeccionarán unhas simpáticas lechuzas en movemento".

Programación do domingo 8 de maio. CEDIDA
Programación do domingo 8 de maio. CEDIDA

"Todos os talleres celebraranse a partir das 12:00 horas. Todos aqueles nenos que desexen participar –explica Yoya Branco– deberán reservar praza previamente a través do email [email protected] antes das 16:00 horas do día anterior ao de celebración das actividades, indicando no correo téñense algunha alerxia ou intolerancia. Como sempre, recoméndase traer fiambrera para levar a casa os deliciosos pratos cociñados".

Comentarios