O gastroespazo do Mercado de Abastos incorpora novos postos

A Viñoteca reabriu este sábado. D. FREIRE
photo_camera A Viñoteca reabriu este sábado. D. FREIRE

O gastroespazo do Mercado de Abastos de Pontevedra incorporou este sábado ous novos postos: A Viñoteca e a Merluzateca. A instalación situada no primeiro andar da Praza reabriu o pasado martes con estritas medidas de hixiene e distanciamento social. O espazo ten un aforo máximo de cen persoas, o que supón o 40% do aforo habitual.

A Concellería de Promoción Económica estableceu un máximo de 48 cadeiras para a zona da terraza central, 24 para a da galería que dá a avenida de Bos Aires, dez para cada unha das cafeterías e catro en cada un dos laterais adxacentes ás escaleiras de baixada e subida.

O horario de atención ao público do gastroespazo será de 11.00 a 16.30 horas o martes, mércores e xoves, e de 11.00 a 16.30 horas e de 19.00 a 00.000 horas o venres e sábado.

A apertura atrasarase unha hora durante a xornada de este domingo, na que os clientes poderán desfrutar dos establecementos abertos (seis en total: Olmos Gastrobar, Bar La Plaza, Umami Poke, Merluzateca, Nasa e A Viñoteca) entre as 12.00 e as 16.30 horas.

Comentarios