lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

A Gastronomía circular do Carlos Oroza recibe 52.800 euros do Ministerio

Fernández Guerra, na Horta Oroza, o pasado verán. BEATRIZ CÍSCAR
Fernández Guerra, na Horta Oroza, o pasado verán. BEATRIZ CÍSCAR
O proxecto de innovación, compartido coa Escuela de Hostelería de Gamarra, desenvolverase durante este curso e o próximo

Gastronomía circular, o proxecto que naceu da colaboración que manteñen desde hai dous cursos o CIFP Carlos Oroza e o CIFP Hosteleria LHII de Gamarra (Vitoria-Gasteiz), acaba de recibir unha das axudas do Ministerio de Educación destinadas á realización de proxectos de innovación e investigación aplicadas e transferencia do coñecemento en Formación Profesional. A subvención ascende a 52.800 euros en dúas anualidades (2021 e 2022, isto é, neste curso e no seguinte), dividida entre os dous centros (26.960 e 22.320 euros, respectivamente) e a Fundación Galicia Sustentable (3.000 euros).

"Estamos moi contentos", subliñaba este luns o profesor Ricardo Fernández Guerra, quen puxo en marcha a iniciativa con Iñaki Armentia, director da escola vasca, de quen partiu a idea. Ambos traballaron man a man na redacción do proxecto e agora, grazas a esta axuda, poderán desenvolver o proxecto que xa viñan realizando pero cun respaldo económico de primeiro nivel. A principal diferenza, explica, será que agora poderán levarse a cabo programas de mobilidade de estudantes e docentes, sempre que o permita a pandemia.

"Trala primeira colaboración en materia de horta escolar e receitas tradicionais de Euskadi e Galiza iniciada no ano 2018 propuxémonos avanzar a traballar nun proxecto conxunto intercentros onde houbera dúas grandes liñas de traballo", destaca. As que se lle propuxeron ao Ministerio foron dúas: un proxecto de hortas escolares gastronómicas, sustentabilidade e economía circular e un proxecto intermodular de investigación da tradición culinaria de Euskadi e Galiza ligada á utilización de produtos e materias primas con selo ou distintivo de calidade garantizada.

A terceira pata, a Fundación Galicia sustentable (Mercado de la Cosecha, pertencente á corporación Hijos de Rivera SA), proporcionaralles asesoramento e soporte metodolóxico.

O obxectivo de Gastronomía circular é unir a gastronomía das nosas comunidades coa economía circular. Por unha banda, desenvolverán -un paso que no Oroza vai xa moi avanzado- dúas hortas escolares gastronómicas para transferir o coñecemento e as experiencias adquiridas por cada centro, propondo e desenvolvendo melloras, tanto nelas mesmas como na súa consideración de espazos docentes para concienciar ao alumnado sobre a economía circular, a compostaxe, reducir a pegada de carbono, valorar o produto local e de tempada, etcétera. Ademais da aprendizaxe mutua, crearanse recursos educativos audiovisuais e sistemas de aproveitamento integral dos recursos.

Por outra banda, desenvolverán unha investigación sobre "os nosos patrimonios gastronómicos", ligándoos a materias primas con selo de calidade garantido incorporándoos a receitas da tradición culinaria de ambas as comunidades potenciando o seu consumo e coñecemento entre o alumnado de tal forma que este sexa, no seu futuro profesional, o seu principal prescriptor no panorama gastronómico.

A Gastronomía circular do Carlos Oroza recibe 52.800 euros do...
comentarios