miércoles. 12.05.2021 |
El tiempo
miércoles. 12.05.2021
El tiempo

O Goberno local pide á Xunta que garantice os estándares de seguridade na glorieta de Pazos

Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA
Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA
Anabel Gulías informa de que o Concello detectou inexactitudes na redacción do proxecto

Anabel Gulías informou este luns de que o Goberno da Boa Vila vén de reclamar á Xunta de Galicia “un maior rigor” na información sobre a mellora da seguridade viaria na estrada PO-542, que prevé a construción dunha nova glorieta no lugar de Pazos, en Marcón. 

Segundo explicou a portavoz, tanto a oficina técnica municipal de Arquitectura e Planeamento como a de Medio Ambiente e Infraestruturas detectaron deficiencias na redacción do proxecto, que condicionan a aprobación dos informes favorables do Concello. 

INEXACTITUDES
Sendas peonís e ciclistas: aparecen como “de largo variable”, polo que quedan dúbidas sobre a súa adecuación ao emprego compartido peonil-ciclista.
Sinalización: o Concello considera axeitado un preaviso acerca da nova glorieta, para lograr unha diminución efectiva de velocidades antes da súa instalación. 
► Pasos de peóns: a proposta é a implantación de tres destes elementos, apostando pola sobreelevación. 
► Zonas verdes: o proxecto non recolle a quen corresponde a titularidade das zonas verdes e xardíns, polo que é imposible determinar a quen corresponde o seu mantemento 
Servizos de competencia municipal: o Concello  non foi consultado acerca das redes de abastecemento e saneamento, incluíndo o novo depósito de Valadares.
Hórreo de pedra: non consta a protección dun hórreo de pedra localizado nas inmediacións do proxecto. 

O Goberno local pide á Xunta que garantice os estándares de...
comentarios
ç