O Hospital do Salnés queda libre de coronavirus

Tímido repunte de casos e contagios na área sanitaria, mentres segue á baixa a presión hospitalaria
Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus, este lunes en el centro de salud de San Andrés, Murcia. Los sanitarios de este centro han comenzado a realizar los 200 test de inmunidad que prevén llevar a cabo esta semana a posibles casos positivos por COVID-19. EFE/Marcial Guillén
photo_camera Unha enfermeira fai un test rápido a un home para ver se é portador do coronavirus EFE/Marcial Guillén

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés presenta este xoves un total de 127 casos activos de coronavirus, tres máis que onte e a incidencia prosegue en parámetros similares aos do pasado mes de agosto. Así o sinala o último informe do Sergas, que contabiliza 7 novos contagios detectados por PCR, tres máis que as que se incorporaban no balance anterior. 

A presión hospitalaria, pola súa banda, descende nesta xornada. Fronte aos oito ingresados de onte, hoxe hai un menos. Non hai cambios en canto á ocupación na UCI, cun único paciente evolucionando en Montecelo. Os pacientes que están en planta atópanse todos eles, tamén no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ao quedar libre de covid o Hospital do Salnés.

Desde o inicio da alerta sanitaria han superado o virus 14.081 persoas e faleceron 181.

Positivos área de pontevedra

Comentarios