jueves. 23.09.2021 |
El tiempo
jueves. 23.09.2021
El tiempo

Identificado un home por estafar a pontevedreses facéndose pasar por revisor do gas

La Policía Nacional sigue patrullando la ciudad para prevenir delitos y vigilar el uso de mascarilla. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Dous axentes da Policía Nacional patrullando polo centro de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os feitos foron cometidos a finais do pasado ano

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Pontevedra identificaron a un home de 34 anos de idade, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de estafa, por feitos cometidos no último trimestre do ano 2020 "facéndose pasar por falso revisor do gas".

Así o informou a Policía Nacional, que concretou que este individuo, logo de chamar a diferentes domicilios e concertar unha cita coas vítimas, "acudíase nas vivendas facéndose pasar por revisor oficial das compañías distribuidoras de gas".

Deste xeito, concretan as mesmas fontes, conseguía que as vítimas lle permitisen acceder ao domicilio e, tras unha presunta revisión, entregáballes unha factura para que a asinasen os titulares da instalación. Chegou a cobrar cantidades próximas aos 300 euros.

Por mor da denuncia os axentes encargados da investigación, a unidade de Delincuencia Económica e Fiscal-Ciberdelincuencia da brigada provincial de Policía Xudicial iniciou as pescudas para tratar de pescudar a identidade deste individuo que estafou un total de 645 euros.

Por parte da Comisaría Provincial de Pontevedra advírtese á poboación deste tipo de estafas levadas a cabo por certos individuos que "só perseguen o lucro persoal".

RECOMENDACIÓNS. Por iso, a Policía aconsella comprobar antes de abonar algunha cantidade a verdadeira identidade dos supostos técnicos, así como insistir en ver a correspondente acreditación e, sobre todo, non deixar acceder ao interior da vivenda a ninguén "sen ter o absoluto convencemento de que se trata dun verdadeiro técnico e non un individuo que ademais de estafarlles póidalles roubar as súas pertenzas".

Tamén aconsella comunicarse coa empresa subministradora, pero non utilizar o número de teléfono facilitado polo suposto operario, senón que "debe buscalo" cada un mesmo. E incide a Policía en ter "moito ollo" as persoas maiores que viven soas, ás que pide que "non deixen entrar a ninguén na súa casa sen chamar previamente á suposta empresa ou a un familiar se dubidan dos supostos técnicos".

"Ante calquera dúbida non dubiden en chamar ao 091 e desde aquí faremos as comprobacións pertinentes para confirmar que hai técnicos desa empresa levando a cabo revisións na zona e aconséllase non ter grandes cantidades de diñeiro en efectivo en casa", conclúe a Policía.

Identificado un home por estafar a pontevedreses facéndose pasar...
ç