Identificados sindicalistas da CIG por unha concentración fronte á Subdelegación

A central considera que non se vulnerou o confinamento. "Non temos medo ás multas porque estamos nun estado de alerta, non de excepción", afirma o secretario comarcal
JAVI CRISIS CORONAVIRUS , POLICIA IDENTIFICA A MIEMBROS DE LA CIG POR SUPUESTA CONCENTRACION ILEGAL, NIÑOS PASEANDO POR LA CALLE, COLAS EN SUPERMERCADOS  Y NUEVA ENTRADA GIMNASIA CAMPOLONGO...
photo_camera Axentes con representantes da CIG na Praza da Ferrería. JAVIER CERVERA

A CIG protagonizou na mañá deste xoves unha concentración fronte á Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Unha parte da dirección do sindicato a nivel comarcal, menos de 20 persoas, manifestouse "para darlle voz á clase traballadora" e denunciar cuestións como a falta de seguridade laboral en moitos centros de traballo e a "desprotección" dos empregados afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes).

O secretario comarcal da CIG, Marcos Conde, sostén que este acto "mobilizador" non vulnerou o confinamento. "Non temos medo ás multas porque estamos nun estado de alerta, non de excepción", afirma o sindicalista, que sostén que tanto el como os seus compañeiros están amparados polo dereito á liberdade sindical que, segundo explica, non se suspenderon nos reais decretos aprobados polo Goberno central. "O que fixemos está dentro da lei", subliña.

A central denuncia que falta seguridade en moitos centros de traballo e a "desprotección" de afectados por Ertes

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 80Conde asegura ademais que se cumpriron "todos os procedementos". Recordou que todas as persoas participantes nesta protesta levaban máscaras e gardaban unha distancia de seguridade de 1,5 metros entre elas. "Seguro que se agora mesmo a Policía vai ao Froiz verá máis persoas das que había diante da Subdelegación", indicou.

O líder comarcal do sindicato nacionalista non descarta novas intervencións deste tipo. "Nós temos unha responsabilidade e temos que exercela, que é a defensa dos traballadores. E neste momento hai moitos que non poden saír á rúa para facelo", explica.

A CIG, que realizou este xoves "protestas simbólicas" nas sete maiores cidades de Galicia para reclamar "ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo", denuncia que a Inspección de Traballo "non está a actuar" ante as "fraudes" que se están producindo no mercado laboral.

"Entendemos que se estean a envorcar os medios no estado de alarma. Iso parécenos correcto, pero hai cousas que cómpre mirar", di en referencia a Ertes que, segundo Conde, non cumpren cos mínimos requisitos legais. "Hai máis de 200.000 traballadores en Galicia afectados por un expediente de regulación", recorda.

A Subdelegación do Goberno ve "irresponsable" a actuación da central sindical

A concentración da CIG, que utilizou bandeiras e unha pancarta, podería carrexar sancións económicas. A Lei de Seguridade Cidadá establece que as multas polas infraccións poden ir de 601 a 30.000 euros por saltarse as normas de confinamento, que entraron en vigor o pasado 15 de marzo pola crise sanitaria do coronavirus.

Fontes da Subdelegación do Goberno consideran "absolutamente irresponsable" que a CIG se saltase o estado de alarma, que afecta a toda a poboación. "Á cidadanía estáselle pedindo que quede en casa cumprindo unha corentena por razóns de saúde pública e hai un sindicato que non está a cumprir, independentemente do número de persoas que se concentraron e de se levaban ou non equipos de protección", sinalan as mesmas fontes, que valoraron o comportamento doutras centrais sindicais que "si están a respectar o estado de alerta".

Comentarios