lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Identifican aos autores de nove lumes en maio, un deles en Lérez

Brigadistas traballando para sufocar un incendio. ARQUIVO
Brigadistas traballando para sufocar un incendio. ARQUIVO
Actuaban nas provincias de Pontevedra e A Coruña

 A Policía Autonómica logrou identificar aos causantes de nove lumes rexistrados durante o mes de maio nas provincias da Coruña e Pontevedra. Estes nove lumes producíronse por restos de queimas agrícolas ou forestais que se descontrolaron, nos municipios de Negreira, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Sobrado, Porto do Son, Outes e Pontevedra. Neste último investigouse a un home por un lume no lugar do Castelo, na parroquia de Lérez, que afectou a 0,4 hectáreas de arboledo.

Outros tres rexistráronse o 18, 25 e 26 de maio, en Negreira, Ribeira e Pobra do Caramiñal, por queimas nas que non se tomaron as medidas de precaución adecuadas e que se saldaron con 2,4 hectáreas de superficie rasa afectadas. Doutra banda, tres persoas foron identificadas como presuntos autores de incendios en Outes, Porto do Son e Negreira o 23, 27 e 28 de maio, respectivamente, que afectaron a 2.300 metros catros de raso. Outro home foi investigado por un lume en Sobrado.

Identifican aos autores de nove lumes en maio, un deles en Lérez