Buscan un mural oculto no paraninfo do IES Valle Inclán

A Escola Superior de Conservación e Restauración colabora co instituto para intentar recuperar a pintura

Trabajos en el paraninfo del IES Valle Inclán. DP
photo_camera Traballos no paraninfo do IES Valle Inclán. DP

Unha fotografía antiga revelou que unha das paredes do paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra podía esconder un mural de gran formato cunha escena marítima baixo a capa de pintura que a cobre actualmente, e xa están en marcha os traballos para confirmar se seque alí e intentar sacalo a luz. O centro conta para iso coas mans expertas da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Foi o director do instituto, Francisco Xosé Suárez Benito, quen contactou con esta no pasado mes de febreiro tras o achado da foto que mostra a pintura, segundo explica a escola a través dun comunicado. As primeiras investigacións situarían o mural nos anos 30 do século pasado. Está no palco, agora baixo unha pintura plástica de interiores.  

Así as cousas, os dous centros iniciaron unha colaboración para recuperalo e alumnos que se forman en conservación e restauración de pintura desprazáronse en varias ocasións ao instituto para realizar catas e verificar a existencia da pintura. "Unha vez comprobada a súa presenza, establecerase un protocolo de traballo para recuperar a obra oculta baixo a pintura actual", explica a escola.

Traballos
Alumnos da escola realizaron catas no paraninfo do instituto. DP

Comentarios