O IES A Xunqueira II abre a súa Escola de Nais e Pais a toda Pontevedra

Na reunión debullarase a oferta en formación de idiomas con que conta o estudantado
El director del IES A Xunqueira II, Juan Carlos Pérez. DAVID FREIRE
photo_camera O director do IES A Xunqueira II, Juan Carlos Pérez. DAVID FREIRE

O IES A Xunqueira II celebra este mércores, de 18.30 a 20.00 horas, unha nova edición da Escola de Nais e Pais, destinada non só a familias de alumnado do centro, senón tamén doutros institutos de Pontevedra.

Na reunión debullarase a oferta en formación de idiomas con que conta o estudantado, tanto durante o curso escolar (a través do propio curriculum, de materias opativas e extrarscolares), como en campamentos, intercambios e cursos de verán.

O amplo abanico de posibilidades inclúe opcións en varias linguas e países e tamén con diversos orzamentos para axustarse a todo tipo de economías. Tamén se contempla a posibilidade de solicitar bolsas para facilitar o acceso a este tipo de formación.

O director do centro, Juan Carlos Pérez, destaca a importancia de aprender idiomas para completar a formación educativa do alumnado.

Comentarios