O informe técnico cuestiona catro das dez ofertas presentadas ao concurso da auga de Pontevedra

As propostas de Viaqua e Facsa poderían incorrer en baixa temeraria

Imagen de la estación de bombeo del Lérez, situada en Monte Porreiro. DAVID FREIRE
photo_camera Operarios de Viaqua na estación de Monte Porreiro. JAVIER CERVERA

A mesa de contratación do servizo público de abastecemento de auga potable e saneamento do Concello de Pontevedra volveuse a reunir este mércores para estudar o informe técnico que cuestiona catro das dez ofertas presentadas. O edil de Facenda, Raimundo González, explicou que dúas das ofertas poderían incorrer en baixa temeraria, polo que a lei obriga dar un prazo de cinco días hábiles para que xustifique a proposta presentada, de modo que a súa exclusión non é automática. 

Trátase das ofertas presentadas como melloras ao paquete de investimentos polas empresas Viaqua e Facsa. A primeira é a actual concesionaria e presentou unha proposta de 58 millóns de euros, é tamén a que obtivo a mellor valoración na oferta técnica. A oferta de Facsa ascende a 57,9 millóns. 

O novo contrato da auga está deseñado para garantir que se complete a rede de saneamento do rural de Pontevedra xa que o prego de condicións expón investimentos a asumir polas empresas por un valor máximo de 58,2 millóns. Ademais, o informe analizado este mércores tamén estudou as propostas doutras dúas firmas: Aqualia e Espiña e Delfín. En problema existente con elas é que non inclúen na súa oferta unha serie de melloras das dez que se consideran como obrigatorias no prego de condicións, unha circunstancia que o presidente da mesa de contratación interpreta como "un erro técnico que non as exclúe deste proceso"

No caso de Aqualia propuña executar a práctica totalidade das 46 investimentos propostos nos catro primeiros anos de vixencia dun contrato que terá unha duración de vinte. O PSOE solicitou a exclusión destas dúas firmas do concurso.

O grupo socialista e a concelleira de Ciudadanos votaron en contra do informe que foi aprobado cos votos dos catro técnicos municipais e do concelleiro do BNG. A representante de Marea Pontevedra non asistiu á reunión e o portavoz do PP chegou tarde, cando xa se votou, polo que na acta figura a súa incomparecencia a efectos prácticos. 

A mesa de contratación volverá ser convocada cando os técnicos estuden a documentación complementaria que acheguen as empresas, un prazo que se estima nunhas dúas ou tres semanas. 
 

Comentarios