Interceptan a un kamikaze ebrio que percorreu máis de 30 quilómetros en sentido contrario pola AP-9

A Garda Civil de Pontevedra detivo ao condutor, de 58 anos, cando atravesaba o termo municipal de Caldas

Axentes do subsector de tráfico da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra interceptaron na madrugada deste venres a un individuo que circulaba pola AP-9 en sentido contrario e con claros síntomas de embriaguez. Os axentes recibiron o aviso ao fío do catro da madrugada. Nel, particulares advertían da presenza do coche á altura de Santiago de Compostela dirixíndose cara a Pontevedra polo carril contrario.

A Benemérita logrou interceptalo cando xa se achegaba á cidade do Lérez, atravesando o termo municipal de Caldas. A pesar de que se atopaba ebrio, o resto de usuarios da vía lograron esquivalo, polo que non provocou accidente algún.

O kamikaze, de 58 anos, deberá de responder por dous delitos contra a seguridade viaria, por condución temeraria e por facelo baixo os efectos do alcol nun xuízo rápido que se celebrará este martes. Trátase de J.L.F.T., de 58 anos e veciño da localidade coruñesa de Outes.

O individuo conducía un turismo Volkswagen Scirocco, que circulaba sentido Tui polos carrís destinados ao tránsito cara á Coruña, segundo destacou a Garda Civil.

Comentarios