O interese por buscar casa fóra das capitais cae tras o estado de alarma

A porcentaxe de procura de casa na cidade de Pontevedra sitúase entre os máis baixos de España
2020071512394148117
photo_camera Aumenta o interese polo aluguer de casas nos arredores. CERVERA-MERCADILLO

O confinamento por coronavirus provocou un aumento no interese por comprar vivendas fóra das capitais de provincia. Segundo un estudo de Idealista, a porcentaxe de procura de vivenda nas capitais era do 44,1% antes da pandemia, pero descendeu tras ela ata un 38,8%. Con todo, tras a finalización do estado de alarma, esta cifra volveu aumentar ata un 40,4%. Na provincia de Pontevedra, a porcentaxe de procura de casa na capital sitúase entre os máis baixos de España, cun 8,5% das demandas, a porcentaxe máis baixa de España só superado por Girona.

Trlas o confinamento proliferou o interese polas casas de aluguer nos arredores ou a compra de casas a reformar, tamén na periferia 

Segundo os datos das inmobiliarias pontevedresas, as casas de aluguer nos arredores da capital son as máis solicitadas tras o confinamento. En canto a compras, aumenta o interese polas casas para reformar ou restaurar tamén externas á cidade. Afirman que se notou o interese, a xente acudía ás inmobiliarias a preguntar opcións ao verse sumidos nun novo confinamento, pero non tanto a compra ou o aluguer definitivo. A venda de pisos diminuíu, impulsando o aluguer como primeira opción, neste caso dentro da Boa Vila.

Un home observando o escaparate dunha inmobiliaria. JOSÉ LUIZ OUBIÑA (ADP)
Un home observando o escaparate dunha inmobiliaria. JOSÉ LUIZ OUBIÑA (ADP)

O custo da vida en Galicia segue subindo e paralelamente faino tamén o prezo dos arrendamentos, segundo un informe de Fotocasa, o gasto aumenta e os galegos destinan un 29% dos seus ingresos a pagar o aluguer da súa vivenda, 4,1 puntos máis respecto de 2018, cando se destinaba un 25% da nómina para pagar un piso de 80 metros cadrados. 2019 finalizaba cun prezo de 6,75 euros por metro cadrado de aluguer, aumentando un 23% nos últimos cinco anos. Isto supón que de media páganse 540 euros nun piso de 80 metros cadrados. A media do salario bruto anual, subiu un 7% desde 2015, sendo este ano de 22.337 euros respecto dos 20.876 euros de hai cinco anos.O maior crecemento corresponde á subida do salario mínimo interprofesional, que aumentou un 22% en 2019. Galicia se situa no décimo segundo lugar das comunidades autónomas que destinan máis nómina ao pago de alugueres, un 29% en relación á media española situada nun 40%.

A razón de que aumente a porcentaxe de gasto é que os salarios en 2019 non subiron na mesma proporción.

Comentarios