Internado nun centro tras nove condenas por conducir drogado e sen carné

A última vez o investigado foi interceptado en Marín ao volante dun coche

Maza de un juez. PIXABAY
photo_camera Maza de un juez. PIXABAY

Dous anos de prisión por trapichear con substancias estupefacientes, catro anos e tres meses por un delito contra a seguridade viaria e dous anos de internamento nun centro para a deshabituación do consumo de drogas. Ese é o resumo da sentenza que aceptou un veciño de Bueu tras ser xulgado por novena vez por idéntico delito: conducir baixo os efectos das drogas.

Neste caso, ademais, incautóuselle cocaína e heroína para a súa venda, polo que se lle atribuíu (neste caso, por segunda vez), un delito contra a saúde pública. Por todo iso, o fiscal ofreceulle as citadas penas. A de cárcere quedará en suspenso, a condición de que non reincida e ingrese no citado centro para a súa reinserción.

Nesta última ocasión, o investigado foi interceptado en Marín ao volante dun Peugeot 406 malia saber que "perdera a totalidade de puntos". "O acusado presentaba un trastorno de consumo de sustancias de grao moderado, sendo esta adicción determinante de todos os actos da súa vida cotiá", explica o ditame. Cando foi detido pola Policía levaba consigo máis de 50 doses de estupefacientes "para vender e sufragar o seu consumo".