O investimento por habitante na provincia aumentará ata os 3.439 euros en 2021

As contas públicas priorizan, pola pandemia, a sanidade, a educación, as políticas sociais e as de emprego

Gente caminando por una calle de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Xente camiñando por unha rúa de Pontevedra. DAVID FREIRE

O investimento por habitante da Xunta na provincia de Pontevedra aumentará ata 3.439 euros o próximo ano 2021 co obxectivo de contribuír ao reequilibrio e á cohesión territorial. En total, a provincia recibirá 3.246 millóns de euros dos Orzamentos da Xunta.

O ano que vén, a Administración galega destinará 2.592 millóns de euros a investimentos, co que os orzamentos de 2021 serán os máis investidores da historia, un investimento produtivo que crece máis dun 53% con respecto a este ano.

Este incremento permitirá á Xunta iniciar novas actuacións, así como concluír, pór en servizo e manter as que xa están en marcha. Todo isto co obxectivo de reforzar as actuacións en todos os territorios e impulsar, en definitiva, a reactivación económica.

Con este reforzo, o Goberno galego aspira a que Galicia siga estando en 2021 entre as comunidades autónomas que realizan un maior esforzo investidor.

O fondo covid está dotado con 503 millóns de euros para "seguir loitando contra a pandemia"

Ademais, nun contexto de pandemia como o actual, as contas do ano que vén priorizan de xeito moi importante a sanidade, a educación, as políticas sociais e as políticas de emprego, é dicir, o gasto social que é o maior da historia da Comunidade. Ascende en 2021 a 8.540 millóns de euros, 864 millóns máis que neste exercicio.

Así, os orzamentos do próximo ano destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica coa finalidade de seguir loitando contra a pandemia, impulsar a dinamización da economía e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.

Neste sentido, co obxectivo de reactivar Galicia, dinamizar todos os sectores económicos, recuperar a actividade perdida e atender as necesidades das familias e empresas, os orzamentos contarán con novos fondos, que á súa vez permitirán á Comunidade galega contar con novos instrumentos para lograr os retos aos que se ten que enfrontar.

Estes instrumentos son o fondo covid dotado con 503 millóns de euros para garantir os recursos necesarios para seguir loitando contra a pandemia.

O Fondo de Garantía de Infraestruturas Sanitarias terá 105 millóns para hospitais e centros de saúde

O fondo REACT-EU, con 430 millóns para impulsar a reactivación económica; o fondo Consenso, que alcanza os 115 millóns coa finalidade de financiar os proxectos de investimentos derivados dos consensos que se acorden no Parlamento, no marco do diálogo social en Galicia e nas recomendacións do Comité de Expertos Económicos de Galicia.

E finalmente, o Fondo de Garantía de Infraestruturas sanitarias, cunha dotación de 105 millóns en 2021 para blindar os investimentos necesarios durante toda a lexislatura en hospitais e centros de saúde.

MÁIS INFRAESTRUTURAS EN PONTEVEDRA. No ámbito das infraestruturas e a mobilidade, a Xunta destinará máis de 173 millóns de euros á provincia de Pontevedra.

Destaca o investimento en materia de infraestruturas viarias, que reciben a partida orzamentaria máis elevada, con case 74 millóns de euros. Estas cifras permitirán continuar apostando pola articulación territorial e intensificar o impulso das vías de altas prestacións libres de peaxes na provincia.

Avanzarase nas obras da VAP Tui-A Guarda, cunha reserva de case 11 millóns de euros para executar o enlace co polígono de Areas e seguir progresando na tramitación dos seguintes tramos.

Tamén se destinan 4 millóns de euros para a continuación da autovía Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e O Rollo, co obxectivo de terminar as expropiacións e avanzar na licitación das obras.

As infraestruturas viarias da provincia recibirán unha inxección en 2021 de 74 millóns de euros

Comentarios