José Malvar quedará cun só carril de subida a partir do próximo mércores

A limitación manterase mentres dure a primeira fase da obra no tramo polo que cruza o regato de Valdecorvos
A rúa José Malvar. GOOGLEMAPS
photo_camera A rúa José Malvar. GOOGLEMAPS

En base a criterios técnicos e de seguridade, a rúa José Malvar pasará a contar desde o mércores cun só carril de subida, namentres dure a primeira fase da obra que se está a acometer no tramo polo que cruza o regato de Valdecorvos antes de chegar a rotonda que conecta con Valdecorvos, dirección Ponte das Tirantes, e que permitirá substituír o tubo de aceiro que canaliza o regato, por un de igual capacidade de formigón armado. 

Así, malia que nun principio estaba previsto que a actuación ía permitir ter os dous carrís de circulación abertos, os técnicos do Concello detectaron que o talude da zona estaba debilitado, polo que para manter a seguridade do lugar, tanto dos operarios da zona e os seus vehículos, como dos vehículos particulares, será pechado un carril.

José Malvar só terá unha dirección, e ningún vehículo poderá baixar por ela ata que remate esta primeira fase da obra. O tráfico pesado xa fora desviado con antelación pola Seca, e os autobuses subirán por José Malvar e baixarán por Casimiro Gómez.

Comentarios