As bágoas de Cipriana

O CIFP Carlos Oroza homenaxea a cociña das avoas coa receita da empanada dunha veciña de Salcedo de 85 anos
Emotivo aplauso de los alumnos del Carlos Oroza a Cipriana Carabelos. GONZALO GARCÍA
photo_camera Emotivo aplauso de los alumnos del Carlos Oroza a Cipriana Carabelos. GONZALO GARCÍA

¡Que bonito o que pasou este martes no CIFP Carlos Oroza! Tanto o profesor Ricardo Fernández Guerra como a súa clase sabían que o luns e o martes eran xornadas moi especiais, pois plasmábase todo o traballo previo do proxecto A cociña da avoas recuperada polo alumnado, aprendemos delas. Este consistiu en recuperar antigas receitas das avoas e materializalas nas cociñas do centro educativo.

Este martes produciuse un momento marabilloso, pois unha das protagonistas, Cipriana Carabelos, veciña de Salcedo, de 85 anos, foi a invitada de honra ao xantar. Súa é a receita da empanada de bacallau con pasas, que replicaron o seu neto, Adrián Rodríguez, de 23 anos, de Tomeza, e os seus compañeiros de 2º do ciclo medio de Cociña e Gastronomía. Conta o mozo que a empanada lle gustou a todo o mundo e a súa avoa quedou feliz e incluso recibiu felicitacións por ser tan boa mestra cociñeira. "Os fillos, todos os netos, os meus curmáns... A todos nos gusta moito. Faia todos os domingos", explica. Se elixiu esta receita e non outra foi, entre outras cousas, pola súa facilidade para racionarla e porque lle gusta a todo o mundo. Non quedou nin unha faragulla.

CIFP Carlos Oroza Comida homenaxe as avoas Foto especial con Cipriana e ou seu neto Adrian estudante coa empanada de bacallau

Na receita de Cipriana este manxar leva, ademais de bacallau e pasas, cebola, pemento vermello, pemento e un toque de azucre. Cipriana quedou encantada tamén co resto do menú, composto por sardiñas recheas asadas, tortillas montadas, mexillóns mariñeira á crema, pescada con cebola e ameixas, bisté de solombo ao viño branco con pataca rechea e, de sobremesa, leite frito, torta de queixo, filloas e rosquillas. Todo elaborado con receitas de avoa e delicioso.

Foi unha das mellores prácticas na historia do Carlos Oroza e a guinda foi un emotivo aplauso para Cipriana.

Os alumnos do CIFP Carlos Oroza, coa empanada. GONZALO GARCÍA

Comentarios