Larriba pide "prudencia" aos cidadáns para frear a curva de contaxios

A subdelegada do Goberno en Pontevedra recorda aos cidadáns que a responsabilidade "debe ser máxima" para non empeorar a situación antes de nadal
GON SUBDELEGACIÓN. Maica Larriba,la jefa provincial de tráfico y el capitán de la GC de Tráfico hacen balance de la campaña de verano, martes, 8 sept · 11:30–12:30
photo_camera Maica Larriba. DP

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, apelou á "prudencia" e á "responsabilidade" dos cidadáns para que a curva de contaxios da covid-19 non aumente antes de Nadal.

"Non existen motivos para confiarnos", sinalou Larriba, que recorda que os contaxios continúan polo que a responsabilidade "debe ser máxima" para que a situación "non empeore" antes das festas do Nadal.

Tras presidir a reunión do Centro de Coordinación Operativa, na que se prepararon os operativos de vixilancia e control para os próximos días festivos, a subdelegada insistiu en que as medidas aprobadas onte non deben ser entendidas como "síntoma de relaxación".

As autoridades empregaron esta reunión, na que participaron responsables da Policía Nacional, a Garda Civil ou a Policía Autonómica, para analizar as medidas decretadas pola Xunta e fixar os operativos policiais de vixilancia e control dos peches perimetrales.

As forzas e corpos de seguridade de Estado, segundo Maica Larriba, seguirán coordinándose coas policías locais para garantir o cumprimento das medidas sanitarias decretadas e a nova regulación do sector da hostalería.

Ademais, os axentes reforzarán a vixilancia sobre o cidadán e, naqueles municipios con peche perimetral, controlarán que se cumpran as restricións de movemento.

Comentarios