Laureano Oubiña amplía a demanda contra AtresMedia e Bambú tras o seu 'papel' en Fariña

O narcotraficante detalla, capítulo a capítulo, os puntos que considera que atentan á súa honra
Laureano Oubiña, vendiendo su libro en un puesto en Padrón. FB
photo_camera Laureano Oubiña. FB

Laureano Oubiña volve á carga tras a súa aparición (ficticia) na exitosa serie Fariña, que considera un ataque directo contra a súa honra, intimidade persoal e familiar en virtude de "falsedades" nas que se ve implicado o personaxe que representa ao histórico contrabandista e narcotraficante. O seu letrado, Jorge Paladino, explica na nova demanda que cada capítulo da serie comeza coa lenda "inspirada en feitos reais", polo que os espectadores poden chegar a asumir como certos os feitos que nela se mostran en alusión ao cambadés.

O novo escrito remitido ao xulgado detalla que Oubiña é caracterizado en Fariña como "unha persoa agresiva, violenta, ignorante, irrespetuosa coa autoridade e coas nais da asociación Érguete, portadora de armas, obsesiva sexual, impotente, infiel, aprovechadora dos contactos políticos para evadir a cárcere, homicida, traficante de cocaína, autor de suborno a funcionarios públicos, maltratador de mulleres e agresor doutra presa testemuña protexida".

O letrado fundamenta todas esas afirmacións no análise efectuada na serie, capítulo a capítulo, indicando o punto exacto no que, segundo el, prodúcense os ataques directos á intimidade e a honra de Laureano Oubiña, así como as "falsedades".

Jorge Paladino insta o xulgado a un acto de conciliación no que se reúnan demandante e demandado para así evitar o xuízo, á vez que pide "que se recoñezan todas as falsidades" e que, "como consecuencia da emisión e comercialización da serie a outras plataformas, tiveron uns ingresos superiores aos 10 millóns de euros2.

Por todo iso, solicita unha indemnización de 1,5 millóns.

Comentarios