En Lérez, as cabras limpan o monte

O colectivo de comuneiros estuda adquirir un rabaño de 40 animais para eliminar a maleza e previr os incendios forestais
photo_camera Rabaño de cabras nun monte. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Son rozadoras naturais, áxiles e lixeiras. Son máquinas vivas todoterreo que non funcionan con batería nin a gasolina. Pór a funcionar unha "escuadrilla" forestal de cabras é o proxecto que ten sobre a mesa a Comunidade de Montes de Lérez como unha fórmula económica e eficaz de limpar os terreos forestais para previr os incendios forestais.

O colectivo que preside Martín Martínez é consciente de que alí onde hai cabras pastando (que tamén poden ser ovellas ou vacas) o monte está limpo e redúcense os incendios e, en caso de habelos, son máis fáciles de controlar.

Sacar partido aos beneficios que para os montes supón o gando pola súa capacidade de roza natural, ecolóxico e económico é o obxectivo do proxecto que estudan pór en marcha os comuneiros de Lérez, unha iniciativa que resultaría nova nos montes do municipio.

"Aínda hai algúns veciños que están indecisos porque teriamos que elaborar un cuadrante coas persoas que se encargarían de sacar a pastar ao gando", subliña Martín. "As ganderías de extensivo poden converterse nos mellores bombeiros para o campo, tendo en conta que 40 cabras poden comer ata 80 quilos de biomasa por hectárea ao"día , precisa.

O presidente do colectivo parroquial considera que a adquisición dun rabaño de cabras que asumirían o labor de roza das 86 hectáreas que posúe a entidade (ás que habería que restar os terreos de A Xunqueira cedidos ao Concello onde están situados os campos de fútbol) resultaría "moi rendible" porque, asegura, "ao cabo de tres ou catro anos nacería o pasto nos terreos nos que hoxe hai maleza, arbustos, silvas ou incluso unha especie invasora como a acacia". E é que, recorda, o apetito das cabras está a proba de ramas e espiñas. "Son animais que comen de todo. Cada cabra é capaz de inxerir entre 1,5 e 2,5 quilos de materia vexetal seca cada día máis outros 500 gramos de brotes de matogueira e follas".

A iniciativa, en caso de concretarse, botaría a andar cun rabaño de 40 cabras que comezaría a traballar "" en base a un traballo planificado por hectáreas. "Valariamos unha hectárea e iriamos trasladando os traballos aos terreos lindeiros ata percorrer a totalidade da superficie forestal de Lérez", explica Martín Martínez.

asemblea. "A posta en marcha deste proxecto teriámolo que decidir na próxima asemblea de comuneiros. Todos saben que se trata dun proxecto que beneficia á Comunidade de Montes pero para poder realizalo é necesario que os veciños se involucren dedicándolle tempo a sacar a pastar ao gando e vixialo Con esta iniciativa aforrariamos en gasto de maquinaria, combustible e contratación de persoal encargado dos labores de posta a punto do monte".

Martín Martínez recorda que a utilización de animais para a roza dos montes de face á prevención dos incendios é unha medida que conta co respaldo da Xunta de Galicia. De feito, o conselleiro de Medio Rural, José González, indicou nalgunha ocasión que a Administración autonómicaapuesta polas razas autóctonas galegas (entre elas a cabra galega e o porco celta) co obxectivo de previr os lumes forestais e, ao mesmo tempo, mellorar a rendibilidade das explotacións agrogandeiras.

A agrupación de comuneiros de Lérez destina a práctica totalidade dos seus recursos económicos (que obtén a través da organización de actividades deportivas) ás tarefas de repoboación, limpeza e mantemento do monte. "Investimos todos os anos entre 12.000 e 14.000 euros", precisa o presidente do colectivo parroquial, Martín Martínez.

Comentarios