A moza viguesa de 17 anos da que a súa familia non sabía nada desde o mércores foi localizada este sábado. Os familiares da menor solicitaron a colaboración cidadá para tentar dar co seu paradoiro despois de non ter noticias dela desde o pasado mércores, cando fora vista por última vez en Pontevedra cidade.
A familia chegou a presentar denuncia ante a Policía Nacional e varios colectivos como SOS Desaparecidos difundiron este sábado os seus datos. Finalmente foi localizada.