Lores censura o "acto de violencia premeditado" do boicot ao pregón

Culpa a ENCE e ao PP da situación na que se atopan os traballadores
ALAMEDA_ concentracion protesta de Ence aproveitando o pregon
photo_camera Lores, escoltado. BEATRIZ CÍSCAR

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, censurou os incidentes protagonizados por un grupo de traballadores de Ence o pasado sábado durante a lectura do pregón das festas da Peregrina e que definiu como "un acto de violencia premeditado e planificado contra a cidadanía".

O rexedor avanzou que a Policía Local atópase estudando o ocorrido para polo "en coñecemento da Fiscalía" que, segundo considerou, debería actuar "de oficio" ante estes actos "de violencia labores contra a Corporación" en pleno espazo público.

Así o trasladou este luns nunha comparecencia de prensa, na que pediu aos promotores da protesta "que paren a violencia" "O que pasou durante o pregón do sábado foi un acto de violencia premeditado e planificado contra a cidadanía", advertiu.

Así mesmo, Fernández Lores lamentou que "logo deses actos de violencia" concelleiras do PP, algúns dos cales "forman parte da Executiva do Partido Popular de Galicia", vestíronse cos chalecos amarelos dos traballadores, "por se houbese algunha dúbida" de que a protesta "estaba apoiada" por esta formación.

Ver máis: Boicot dos traballadores de Ence ás festas: Lores acaba escoltado pola Policía

"Como alcalde de Pontevedra nunca pensei, nin no máis remoto pensamento, que membros da Corporación de Pontevedra avalasen actos de violencia contra a Corporación e o seu alcalde", lamentou.

Lores agradeceu o traballo da Policía Local, que lle fixo sentirse "moi arroupado", e fixo "un chamamento" á empresa de celulosas e ao PP para que se dediquen a traballar buscando alternativas localización ilegal en Lourizán da fábrica de Ence".

Fernández Lores reiterou os seus argumentos sobre a situación actual que atravesa a pasteira da Ría de Pontevedra por mor da sentenza da Audiencia Nacional en contra da ocupación por 60 anos da superficie de dominio público marítimo terrestre.

"É o resultado dun fracaso estrepitoso da empresa e do Partido Popular" ha insistido o alcalde, que criticou "a incompetencia" desta formación por non cumprir "coa súa obrigación de buscar unha alternativa á localización de Ence en Lourizán".

Ver máis: Pregón a pesar de todo nun inicio convulso das Festas da Peregrina<>

Lores recordou que "a empresa e o PP sabían xa fai 32 anos que a concesión terminaba en 2018" polo que "tiñan que buscar alternativas" se querían seguir producindo na comarca de Pontevedra.

En cambio, engadiu, "o que fixeron foi intentar enganar, en primeiro lugar aos traballadores e en segundo lugar á cidadanía".

É este sentido referiuse á prórroga outorgada polo Goberno en funcións de strong <>Mariano Rajoy "que se demostrou que era ilegal" e que se articulou "saltándose incluso a lexislación vixente da Xunta". "eles son os máximos responsables desta situación", incidiu o alcalde.

Por todo iso, pediu ao PP que faga exame de conciencia" e descúlpese ante a sociedade pontevedresa.

Comentarios