sábado. 17.08.2019 |
El tiempo
sábado. 17.08.2019
El tiempo

Lores cumpre 20 anos como alcalde

Miguel Anxo Fernández Lores en 1999 e en 2019. DP
Miguel Anxo Fernández Lores en 1999 e en 2019. DP

O Diario repasa en imaxes os 7.304 días que o líder do BNG leva gobernando a capital

O 3 de xullo de 1999 foi investido alcalde de Pontevedra. Era a primeira vez que un político nacionalista e de esquerdas lograba o bastón de mando na capital provincial. Miguel Anxo Fernández Lores cumpre este mércores 20 anos á fronte da Alcaldía e celebrarao cun novo pacto entre o seu partido, o BNG, e o PSOE para gobernar a Deputación.

Nos seus 7.304 días como rexedor, o líder nacionalista non deixou a ninguén indiferente. Fixo -e fai bandeira do modelo urbano, con grandes detractores nos seus inicios pola supresión de coches na zona vella; enfundouse a palestina para denunciar os asasinatos de Israel en Gaza; chamou "ruín" e "abrazafarolas" a Telmo Martín en 2011 tras as críticas do entón portavoz do PP local ao custo do traslado do vello Concello á sede de Michelena; eliminou os actos relixiosos da súa axenda; abrazou o Día do Orgullo LGTBI e viaxou por medio mundo para recoller premios e dar conferencias sobre a peonalización. As súas espiñas cravadas son a saída de Ence da ría e lograr unha maioría absoluta.
 

Dúas décadas á fronte da cidade
Luís Pedrosa pasa o bastón de mando a Miguel Anxo Fernández Lores. RAFA FARIÑA
03.07.1999 Primeiro bastón de mando

No seu primeiro Pleno de investidura, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu o bastón de mando municipal de mans de Juan Luís Pedrosa, o último alcalde do PP na cidade. RAFA FARIÑA
Manuel Fraga Iribarne, con Miguel Anxo Fernández Lores. XAN
11.05.2001 Visita institucional de Fraga

Manuel Fraga é a única persoa que asinou dúas veces no Libro de Honra de Pontevedra. Fíxoo en 1991, cando o alcalde era Javier Cobián (PP), e en 2001, con Lores de rexedor. XAN
Asina do bipartito de Miguel Anxo Fernández Lores e Teresa Casal. ANA BRANCO
27.06.2003 O primeiro bipartito, con Casal

Tras case un mes de negociacións, o BNG de Lores e o PSOE de Teresa Casal pecharon o seu primeiro goberno de coalición en Pontevedra. O bipartito repetiuse en 2007, 2011 e 2019. ANA BLANCO
Lores, nun tenso pleno de Ence en 0204. F. VALDÉS
21.08.2004 O tenso Pleno de Ence

O persoal de Ence levou ao Pleno o seu defensa da fábrica de papel tisú, que nunca prosperou. Lores suspendeu o Pleno tras 10 horas de tiras e afrouxas. Saíu escoltado pola Policía do Principal. F. VALDÉS
Lores, xunto á primeira parella gai que casou en Pontevedra. TANIA MOREIRA
25.03.2006 A primeira voda gai

O alcalde oficiou a primeira voda gai do Concello en 2006. Emilio Bernárdez e Verísimo Pazos convertéronse en 2004 na primeira parella de feito homosexual de Galicia. Lores tamén estivo alí. RAFA FARIÑA
O baño no Puro Lérez de Lores. RAFA FARIÑA
28.04.2006 O baño no 'Puro Lérez'

O líder do BNG reivindicou o final das obras de saneamento e a limpeza das augas do río cun mergullo. Acompañárono deportistas de alto nivel e políticos do BNG. RAFA FARIÑA
Lores, ante unha protesta de bombeiros. GONZALO GARCÍA
02.05.2008 O acoso dos Bombeiros

O conflito dos Bombeiros, que pedían melloras no servizo municipal, prolongouse durante un ano. Lores precisou escolta policial polas protestas que protagonizaron estes funcionarios do Concello. GONZALO GARCÍA
Lores estrea o 'Pillabici'. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
20.12.2008 O fracaso do 'Pillabici'

A rede municipal de bicicletas de Pontevedra, o ‘Pillabici', estreouse cunha concorrida marcha pola cidade. O servizo de préstamo gratuíto de bicis non saíu adiante debido á falta de usuarios e ao seu custo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Recuperación de Lores da súa operación de hernia discal. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
10.07.2009 A operación de hernia discal

Lores estivo case tres meses apartado da vida pública por unha operación de hernia discal no Hospital Montecelo. Metéronlle oito parafusos nas costas. Teresa Casal substituíuno durante a convalecencia. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Lores, nunha campaña do Pontevedra. R.G.
28.09.2009 'Optimismo crónico' do club granate

A campaña para captar socios para o Pontevedra C.F. levou a Lores a emular a David Cal en piragua; ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, a nadar como Javier Gómez Noya e a Nino Mirón a imitar ao ciclista Óscar Pereiro. R.G.
Lores, na manifestación pola capitalidade de Pontevedra en 2009. RAFA FARIÑA
19.06.2009 Defendendo a capitalidade

Miles de persoas, co alcalde á cabeza, manifestáronse contra a Xunta pola creación dunha sede administrativa en Vigo. A protesta recordou á que en 1998 percorreu a cidade endefensa da capitalidade. RAFA FARIÑA
Lores, con Raimundo González Carballo, na época do caso Naturgalia. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
13.04.2011 O caso Naturgalia

Lores arroupou ao seu concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, o día no que declarou nos xulgados da Parda polo caso Naturgalia. A causa de arquivou e o edil, que fora imputado, foi exonerado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Lores na Feira Franca. RAFA FARIÑA
07.09.2013 Feira Franca, de intere turístico

O posado de Feira Franca é un clásico da primeira fin de semana de setembro. A festa medieval chegará este ano ao seu vixésimo aniversario. En 2013 foi declarada de Interese Turístico por parte da Xunta. RAFA FARIÑA
Primeiro bautizo civil en Pontevedra, con Lores. DAVID FREIRE
26.10.2013 O primeiro bautizo civil

Lores oficiou en 2013 os primeiros tres bautizos civís do Concello no Pazo de Mugartegui. Foi o acto de benvida como novos veciños de Pontevedra a Cintia Tizado Sanfiz, Paula Rodríguez Codina e Telmo Salorio Fernández. DAVID FREIRE
Lores, co casco de Lorix. GONZALO GARCÍA
05.05.2015 Miguel Anxo Fernández Lorix

O BNG incendiou as redes e a campaña electoral cun cómic que enxalzou a súa xestión, satirizou aos candidatos rivais e incluso losqueou ao entón presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Lores rozou a maioría absoluta. GONZALO GARCÍA
Primeira visita de Carmela Silva a Pontevedra como presidenta da Deputación. GONZALO GARCÍA
07.09.2015 Visita institucional de Silva

Tras o pacto entre PSOE e BNG que desaloxou por primeira vez ao PP da Deputación, Lores recibiu á nova presidenta provincial, a socialista Carmela Silva, no Concello. A sintonía entre ambos segue sendo máxima. GONZALO GARCÍA
O compostero de Lores. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
09.03.2016 O compostero de Lores

O alcalde presumiu de que na súa casa recíclanse os restos de comida. O plan de compostaxe foi o seu proxecto estrela naquel mandato, pero non saíu adiante. Os prazos botáronselle encima. Agora volverá intentalo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Miguel Anxo Fernández Lores e Abel Caballero. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
20.04.2016 Fin á 'guerra fría' con Vigo

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello de Pontevedra en 2016, nove anos logo de lograr o bastón de mando olívico. Foi o inicio do ‘desxeo' entre ambas as cidades. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Lores, con Rajoy na visita ás obras da A-57. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
02.04.2018 O pique con Mariano Rajoy

Mariano Rajoy, que en 2016 foi declarado persoa ‘non grata' na súa cidade pola prórroga a Ence, fixo en 2018 a súa primeira visita a unhas obras en Pontevedra como presidente do Goberno: as da A-57. A Lores non o deixaron intervir no acto. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Miguel Anxo Fernández Lores, coa alcaldesa de París Anne Hidalgo. JOAQUÍN BARREIRO
28.11.2018 Coa alcaldesa de París

Lores mantivo un breve encontro coa alcaldesa de París, a socialista Anne Hidalgo, tras participar no Fórum Smart City, celebrado na capital francesa. O modelo urbano de Pontevedra logrou sete premios internacionais. JOAQUÍN BARREIRO
Entrega de premios no Mundial de Tríatlon de Pontevedra. RAFA FARIÑA
04.05.2019 O éxito do Tríatlon

Pontevedra organizou con éxito do Mundial de Tríatlon. O triunfo de Javier Gómez Noya na proba de longa distancia e o segundo posto de Pablo Dapena encheron de orgullo á cidade. Tamén ao alcalde da capital. RAFA FARIÑA
Feijóo e Lores, charlando. DAVID FREIRE
17.06.2019 A sintonía con Feijóo

A pesar dos seus altibaixos electorais, Lores e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, atópanse nunha especie de lúa de mel institucional. A reapertura do edificio de Benito Corbal (na foto) e o impulso a outras obras afianzaron a relación. D.F.

Lores cumpre 20 anos como alcalde
Comentarios