Lores, "encantado" tras recibir a primeira dose: "Supoño que todo o mundo sensato quere vacinarse"

Gon Lores se vacuna en el Recinto Feiral, sábado, 8 may · 11:00–11:00
photo_camera Lores, recibindo este sábado a primeira dose da vacina contra o coronavirus no Recinto Feiral. GONZALO GARCÍA

O avance na vacinación contra o coronavirus entre os maiores de 60 anos levou este sábado o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao Recinto Feiral para recibir a primera dose. "Estou encantado. Supoño que todo o mundo sensato quere vacinarse e a min tocoume agora pola idade", asegurou.

Lores recibiu a vacina de Pfizer, un fármaco que, debido ao importante volume de remesas recibidas en España e Galicia, está a empregarse agora nun colectivo ao que inicialmente se lle administraba AstraZeneca. Nese punto, o rexedor amosouse convencido de que "todas as vacinas son boas" e asegurou non entender "por que non se está usando" a de AstraZeneca, tras os numerosos cambios que acabaron por limitala ás persoas de entre 60 e 69 anos.

O rexedor, que está citado para recibir a segunda dose dentro de tres semanas, confiou en que o avance da vacinación permita que "a partir de verán" ou cara ao final do mesmo "se poida ter unha vida máis ou menos normal" e "reactivar a actividade económica"

Neste sentido, incidiu en que "o problema non é inxectar vacinas", senón dispoñer das doses suficientes para inmunizar os cidadáns. De feito, defendeu que o sistema sanitario "ten capacidade" para vacinar a poboación "en dous ou tres meses", como se demostra en cada campaña contra a gripe. 
 

Comentarios