Lores saca adiante o seu cuarto orzamento gobernando en minoría

A abstención de PSOE e Marea facilita a aprobación das contas do BNG nun pleno marcado polas protestas dos funcionarios

Lores, en un pleno. JAVIER CERVERA
photo_camera Lores, en un pleno. JAVIER CERVERA

O BNG de Miguel Anxo Fernández Lores logra sacar adiante o seu cuarto orzamento municipal e acabar o mandato sen sobresaltos. Faio grazas á abstención do PSOE e de Marea no Pleno celebrado este venres no Teatro Principal.

Ambos os grupos da oposición facilitan, por segundo ano seguido, as contas do Goberno local. Estas superan os 76 millóns de euros. Preto de doce millóns destinaranse a obras e proxectos en 2019, ano electoral.

A sesión estivo marcada polas protestas dos funcionarios municipais, críticos coa negociación da Relación de Postos de Traballo do Concello, que contempla unha subida salarial de feito, esta situación foi aproveitada por todos os grupos da oposición, que instaron ao BNG a atender as demandas dos traballadores públicos.

As contas superan os 76 millóns de euros e preto de doce destinaranse a obras e proxectos do ano electoral

PP e Ciudadanos votaron en contra dos Orzamentos municipais entre duras críticas aos nacionalistas. Os populares de Rafa Domínguez tachou o pacto orzamentario da esquerda como o das "tres vergoñas", en referencia aos tres partidos que as permitiron aprobar. O alcaldable do Partido Pular asegurou, como no seu día repetiu o seu antecesor, Jacobo Moreira, que nas municipais de maio só haberá dúas opcións: "O Lores ou o PP".

Pola súa banda, o concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, asegurou que os de 2019 "son os mellores Orzamentos da historia de Pontevedra, que recollen as demandas cidadás e que van supoñer un antes e un despois para a cidade".

Comentarios