Luisa Piñeiro cesa como vocal no consello de administración do Porto de Marín

O DOG publica a orde, que ratifica o cesamento "a petición propia"
Luisa Piñeiro en su despedida. RAFA FARIÑA
photo_camera Luisa Piñeiro na súa despedida. RAFA FARIÑA

María Luisa Piñeiro Arcos, exalcaldesa de Moraña e exdelegada da Xunta en Pontevedra, cesou como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, segundo publica este mércores o Diario Oficial de Galicia. 

María Luisa Piñeiro dimitiu como delegada da Xunta a principios deste mes, de transcender o fallo que a condenaba, do mesmo xeito que ao expresidente da Deputación de Pontevedra e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación. 

O fallo xudicial considera probado que cometeron prevaricación e fraude en relación a unhas obras do campo de fútbol de Moraña. 

Este mércores o DOG publica a orde que ratifica o cesamento "a petición propia" de María Luisa Piñeiro como vocal do consello de administración do Porto de Marín "agradecéndolle os servizos prestados". 

A orde a firma a conselleira do Mar, Rosa Quintana. 

Comentarios