Luz verde a 4,2 millóns de euros para novas obras, proxectos e subvencións

O bipartito aprobará no Pleno do día 15 a primeira modificación de crédito do mandato ► O 60 % do diñeiro irá á reforma de Loureiro Crespo

Plano del skatepark que será construido en A Xunqueira. CONCELLO
photo_camera Plano do skatepark da Xunqueira. GONZALO GARCÍA

O bipartito aprobará no Pleno do próximo 15 de xullo a primeira modificación de crédito do mandato. Farao para liberar fondos por valor de 4.213.948,57 euros, procedentes do remanente municipal, para financiar novas obras e proxectos, mellorar servizos e promocionar o deporte.

Máis do 60% deste diñeiro destinarase á reforma integral da rúa Loureiro Crespo. A actuación, que conta cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros, incluirá a mellora da maior parte do barrio do Castañal. "Vai ser unha transformación total e profunda", sinalou o xoves o concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, que presumiu da boa marcha do Goberno de coalición entre o BNG e o PSOE. "Estamos a traballar dende ou minuto cero", destacou.

A construción do primeiro skatepark profesional de Pontevedra será outro dos proxectos que recibirán esta inxección económica. O equipamento, que estará situado nunha parcela da Universidade de Vigo, xusto na entrada ao campus da Xunqueira, custará algo máis do previsto: 568.453,15 euros.

O resto de partidas da modificación de crédito repartiranse do seguinte xeito: 217.871,27 euros destinaranse a completar a instalación de luces led en Lourizán; 16.800 euros para comprar mobiliario para o Mercado; 44.528 euros para impermeabilizar a cuberta da gardería da Parda; 10.840,15 euros para construír novas marquesiñas; 120.200 euros para actividades de Xuventude e Deportes; 300.000 euros para convocar as axudas a clubs da tempada 2018-2019; 25.000 euros para promocionar actividades deportivas; 100.000 euros para o convenio coa Federación Española de Tríatlon para a próxima cita do Prol Tour, que se celebrará en Ponevedra, e 253.000 euros para o servizo de Bombeiros, que estreará zodiac e contará con novo material.

Comentarios