Máis de 200 militares reforzarán desde o luns o rastrexo de posibles contaxios en Galicia

O delegado do Goberno supervisa a formación dos efectivos da Brilat que participarán nesta misión

Un total de 205 militares reforzarán, a partir do próximo luns, os labores de rastrexo de persoas que estean en contacto con positivos do coronavirus. A achega do Ministerio de Defensa se desglosa en 135 efectivos da Brilat e 70 da Armada.

Os militares reciben estes días a parte final da súa formación e adestramento na aplicación proporcionada pola Xunta de Galicia, así como os equipos informáticos, que centralizará toda a información sanitaria.

O seu labor consistirá en realizar chamadas, desde as 9 ata as 22 horas, a unha listaxe de posibles contagios que previamente proporcionaría a Consellería de Sanidade.

Os militares repartiranse en tres quendas de traballo, cada un dos cales estará composto por 40 persoas traballando simultaneamente. O seu capacidade loxística permitirá efectuar máis de 200 rastreos ao día.

O delegado do Goberno, Javier Losada, supervisou este xoves ao mediodía o despregamento militar e congratulouse do esforzo realizado polo Goberno central para atender a petición de axuda da Xunta.

Neste sentido, recordou que o Executivo de Pedro Sánchez a entrega de sete millóns en material sanitario a Galicia desde o inicio da pandemia e que o impacto económico global das medidas adoptadas na comunidade superan os 8.000 millóns de euros.

Comentarios