O salón 'Si, quero' reúne en Pontevedra a máis de 50 expositores especializados en vodas

O recinto feiral acollerá os días 17, 18 e 19 de xaneiro a especialistas en invitacións, moda nupcial, xoiería, viaxes, hoteis ou fotografía 
Una pareja en un expositor de una feria de bodas. ARCHIVO
photo_camera Unha parella nun dos expositores do salón 'Si, quero', durante a pasada edición. ARQUIVO

SE QUERO CARTEL A3Cita ineludible para aqueles que estean a pensar en cambiar de estado civil, o salón de vodas e grandes celebracións Si, quero reunirá esta fin de semana no recinto feiral de Pontevedra máis de 50 expositores especializados en invitacións, listas, vestidos e traxes de cerimonia, xoiería, viaxes, hoteis, restaurantes, moda para invitados, flores, fotografía ou arras. O evento, impulsado pola concelleira de Promoción Económica e Turismo, a socialista Yoya Blanco, chega a súa VIII edición convertido nun "referente a nivel galego e unha cita obrigada para tódolos que teñan entre os seus plans unirse en matrimonio durante os vindeiros meses".

Os expositores permanecerán abertos os días 17, 18 e 19 de xaneiro. Os pontevedreses interesados poderán atopar neles varias alternativas de lugar para celebrar a súa cerimonia, poderán contratar o servizo de fotografía e vídeo ou coñecer as últimas tendencias en decoración e moda nupcial.

As casetas estarán abertas o venres 17 en horario de 16.30 a 20.00 horas e o sábado e domingo de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. "Durante estas xornadas haberá desfiles de vestidos de noiva e de festa, traxes de noivo, comuñón e arras, e mesmo demostracións de barbería ou maquillaxe, así como decenas de casetas", resume Yoya Blanco nun comunicado.

Comentarios