Máis de 600 mulleres empezan esta semana 35 accións formativas de 'Conectadas'

Imagen de 'Conectadas'
photo_camera Imagen de 'Conectadas'

O programa da Deputación de Pontevedra Conectadas 2019 continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde o martes 612 mulleres pertencentes a asociacións de 13 concellos pontevedreses comezan 35 cursos. En total, a través desta iniciativa da institución provincial está previsto que participen 4.000 veciñas de 53 municipios.

No caso da capital do Lérez desenvolverase o curso de Artesanía en coiro no que participarán 17 integrantes da Asociación de Veciños Salcedo Norte ata o 18 de decembro, todos os mércores de 16.00 a 18.30 horas.

Conectadas 2019 é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria.

Ademais, esta iniciativa tamén busca favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a fenda dixital.

Comentarios