Máis de 700 escolares de Pontevedra plasman en teas ecolóxicas as súas receitas para mellorar o mundo

A iniciativa do Concello, chamada a concienciar os máis pequenos da importancia de loitar contra o cambio climático, levará os traballos ao Parque das Palmeiras

Escolares pintando telas. CONCELLO
photo_camera Escolares pintando teas. CONCELLO

Máis de 700 nenos de centros de infantil e primaria de Pontevedra participan nun taller escolar impulsado polo Concello co propósito de concienciar os máis pequenos da importancia de loitar contra o cambio climático. Con ese fin, plasman en teas ecolóxicas como mellorarían o mundo. Poderanse ver todas no Parque das Palmeiras unha vez finalice o proxecto.

Nenos pintando nas teas. CONCELLOA iniciativa, enmarcada no programa Efecto PO2, desenvólvese en 13 centros educativos ata o día 22, con monitores desprazados a eles. Está dividida en dúas partes. Unha é introductora e está baseada no libro A miña cidade publicado en 2018 polo Concello de Pontevedra. O reto —detalla a administración local— é "sensibilizar e concienciar sobre a importancia do valor e o respecto polo medio ambiente", así como axudar ás cidades a potenciar modelos urbanos que loiten contra o cambio climático e sexan modelos urbanos "saudables, seguros e beneficiosos para as persoas". 

A segunda parte do taller é práctica, para que os nenos plasmen nas teas ecolóxicas con impresións de tubos de escape ou chemineas realizadas pola artista Susana Suniaga as súas propostas para conseguir un mundo mellor e profundar na loita contra o cambio climático.

Os centros participantes son os Álvarez Limeses, Santo André de Xeve, San Martiño, Barcelos, Ponte Sampaio, Cabanas, Campolongo, Carballeira, Vilaverde, San Benito, Verducido, Vidal Portela y Marcón. 

Comentarios