Máis chamadas á responsabilidade e preocupación polos maiores

Os alcaldes dos municipios en alerta vermella fixeron un chamamento para, "entre toda a cidadanía", frear o avance da pandemia
Medidas de seguridad en Vilagarcía. JAVIER CERVERA
photo_camera Medidas de seguridade en Vilagarcía. JAVIER CERVERA

Os responsables dos concellos afectados mostraron este venres a súa preocupación pola evolución da pandemia e a saúde dos seus veciños e fixeron un novo chamamento responsabilidade individual para frear os contaxios.

Os nenos e nenan están cumprindo estritamente todas as medidas que se lles esixen, son un exemplo para todos

"Temos que extremar todo o posible as precaucións, cumplindo estritamente coas restricións que temos vixentes", manifestou a alcaldesa de Marín, tras coñecerse que o municipio que dirixe está alerta vermella no novo semáforo de covid da Xunta. "A natureza da gran maioría destes casos, que son asintomáticos, supón ademais un dobre risco, porque moitas veces, por non tomar as precaucións axeitadas, contáxiase ás contornas familiares", engadiu María Ramallo, que pediu "máis que nunca" á cidadanía que "teña responsabilidade en todo momento", especialmente naquelas circunstancias nas que se detectan máis infraccións, como nas terrazas. "Este é un esforzo colectivo no que o Concello está totalmente envorcado", manifestou a rexedora marinense. Así, María Ramallo puxo de exemplo aos nenos que se incorporaron aos centros educativos "e que están cumprindo estritamente todas as medidas que se lles esixen".

VILAGARCÍA E VILANOVA. A alerta vermella que tamén chega a Vilagarcía é motivo de gran preocupación na comarca arousá. "O que os concellos necesitamos é que nos teñan puntualmente informados e con datos concretos, para poder saber cal é a situación real na que nos atopamos e poder actuar en consecuencia. E iso é o que lle pedimos á Xunta", afirmou este venres o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.

O rexedor agregou que "o importante é o número de casos activos e de contaxios existentes e a evolución dos mesmos. Eses son os datos que realmente interesa e nos que temos que fixarnos". "Segundo nos comentan, o normal na evolución é que se vaian producindo picos, tanto á alza como á baixa; esperando que a longo prazo a liña final vaia en descenso", precisou Varela. "Para iso, todos nós temos que respectar as restricións e cumprir rigorosamente as normas de seguridade. Só así poderemos ir mellorando a situación e volver canto antes á normalidade", recalcou.

A porcentaxe de depresión creceu en xente maior, polo que temos tamén un problema social

Pola súa banda, o alcalde de Vilanova de Arousa mostrou o seu preocupación pola evolución da pandemia no municipio e de xeito especial pola situación da poboación maior. "Hai que ter coidado", advertiu Gonzalo Durán. "Temos un problema grave de saúde polos contaxios polo coronavirus". "A porcentaxe de depresión creceu entre a xente maior, polo que temos un problema e non só médico, senón social".

O alcalde, que é médico, argumentou que a irrupción da covid-19 está a impedir que os xubilados poidan realizar actividades sociais e viaxar, polo que se ven moi limitados. "Están deprimidísimos", asegurou. Por outra banda, dixo que "hai un problema de atención gordo que vai durar anos, por iso hai medo, é un problema psicolóxico que nos afecta a todos".

MORAÑA. "A tranquilidade é absoluta en Moraña porque non existe un brote, senón que afecta única e exclusivamente ao Colexio Santa Lucía", resaltou José Cela, o alcalde deste municipio sobre o que Sanidade puxo o foco. O rexedor subliñou que o resto do concello está libre do virus e non se rexistra ningún outro caso.

Con respecto ao centro escolar, afirmou que a Consellería adoptara todas as medidas necesarias para impedir que se propague e tamén apuntou que o Concello ofreceu os seus servizos para limpar as instalacións, ofrecemento que foi rexeitado. "Están tomadas todas as medidas a machada", recalcou Cela, que enviou unha mensaxe de tranquilidade aos veciños.

A tranquilidade é absoluta en Moraña porque non existe un brote, senón que afecta só ao Colexio Santa Lucía

Comentarios