Malandrómeda, no VIII aniversario do Liceo Mutante

O colectivo celebrará o seu aniversario os días 23 e 24 de agosto cunha serie de concertos
Malandrómeda
photo_camera Malandrómeda

O colectivo de Mollavao Liceo Mutante celebrará o seu VIII aniversario os días 23 e 24 de agosto cunha serie de concertos especiais. Está previsto que actúen, entre outros, Columna Vegana e Malandrómeda (o venres) e Las Morsas, Rata Negra e KLS (o sábado).

Como é habitual, as persoas que non son socias poderán acceder á sede do colectivo realizando unha doazón: 8 euros, o venres; 10 euros, o sábado; 15 euros, para acudir os dous días.

Información completa sobre o aniversario do Liceo Mutante: no seu Facebook e en www.liceomutante.com.

Comentarios