viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Mantéñense catro casos activos na área de Pontevedra e 259 en Galicia

Sanitarios na Mariña. ELISEO TRIGO
Sanitarios na Mariña. ELISEO TRIGO
Na provincia de Lugo, que rexistra o brote da Mariña, están 203 dos contaxios confirmados de Galicia

Os casos activos de coronavirus no área de Pontevedra-O Salnés mantéñense en catro, cifra na que se situaron o venres tras sumar un novo contaxiado. Ningún deles está ingresado nun hospital, segundo o balance facilitado este sábado polo Sergas.

Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 curáronse 901 pacientes (mesma cifra que o vierens) e faleceron por este virus na área sanitaria 16 pacientes.

MESMOS CASOS ACTIVOS EN GALICIA. O número total de casos activos de coronavirus en Galicia mantense en 259 este sábado, aínda que hai sete máis na área de Lugo –onde se rexistra o brote da Mariña–. 

Segundo a información da Consellería de Sanidade deste sábado, un dos positivos permanece en Uci no Álvaro Cunqueiroo home que viaxou en bus de Madrid a Vigo–, tres en unidades de hospitalización –catro menos que o– venres e 255 en domicilio. 

Dos 259 casos positivos de Galicia, 203 correspóndense coa área de Lugo –sete máis–. Séguenlle: A Coruña, con 22 –tres menos–; Santiago, con 14 –os mesmos–; Vigo, con 10 –seis menos–; Ourense, con 5 –tres máis–, onde hai catro infectados en Beariz tras un caso importado de México; Pontevedra, con 4 –os mesmos–; e Ferrol, cun –un menos–.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia, hai un vinculado con centros residenciais, que se corresponde cun traballador dunha residencia de maiores de Burela. Non hai usuarios infectados. 

Pola súa banda, os curados aumentan en 28, ata un total de 10.926. A pandemia deixa ata o momento 619 falecidos en Galicia, nunha cifra sen cambios no último mes.

BAIXAN AS PCR REALIZADAS. O número de PCR realizadas ata a data na comunidade galega ascende a 213.244, o que supón 2.595 máis. 

Con todo, esas 2.595 PCR supón unha cifra máis baixa que os tres días anteriores en Galicia, nos que se realizaron 3.114, 3.207 e 2.662. 

Mantéñense catro casos activos na área de Pontevedra e 259 en Galicia
comentarios