miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

Mantéñense en tres os casos activos de Covid-19 en Pontevedra

Entrada do Hospital Montecelo. GONZALO GARCÍA
Entrada do Hospital Montecelo. GONZALO GARCÍA
En Galicia baixan ata os 245 e soben a 10.844 os pacientes curados 

O área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén os tres casos activos de Covid-19, que xa rexistrara este martes. Todos eles están nos seus respectivos domicilios.

Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 curáronse 901 pacientes (mesma cifra que o luns) e faleceron por este virus na área sanitaria 16 pacientes.

GALICIA. O número de casos activos de coronavirus en Galicia descendeu en 11 ata os 245 este mércores, con 15 novos na área de Lugo -onde se rexistra un brote na Mariña- e un na Coruña e 27 altas epidemiolóxicas -26 delas en Vigo-, mentres que as persoas curadas incrementáronse ata as 10.844. 

Así se desprende dos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, sete atópanse en unidades de hospitalización -igual que este martes- e 238 en seguimento domiciliario -11 menos respecto da xornada pasada-, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos Covid. 

Dos 245 casos positivos, 34 corresponden á área de Vigo -26 menos con respecto a este martes-; 25 á da Coruña e Cee -un máis-; 13 á de Santiago e Barbanza -igual-; dous á de Ourense -un menos-; 166 á de Lugo -15 máis-; dous á de Ferrol -igual- e tres á de Pontevedra -sen cambios-. 

Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 10.844 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. 

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 204.328 fronte ás 201.666 rexistradas ata este martes. 

Mantéñense en tres os casos activos de Covid-19 en Pontevedra
comentarios