Marea ficha ao exentrenador granate Alberto Argibay para a súa política deportiva

Luís Rei, candidato á Alcaldía, acompañará ao técnico na presentación da proposta

Alberto Argibay. DAVID FREIRE
photo_camera Alberto Argibay. DAVID FREIRE

Marea fichou ao exentrenador do Pontevedra CF Alberto Argibay para conformar o programa electoral co que concorrerá ás eleccións municipais do ano que vén. O extécnico granate, que forma parte do consello directivo do equipo, presentará este venres no IES Sánchez Cantón a proposta da coalición de esquerdas en materia deportiva.

Luís Rei, o portavoz de Marea e candidato á Alcaldía por parte deste colectivo, acompañará ao adestrador de fútbol base nesta iniciativa, que recibe o nome de DePonte. Xunto a el tamén estarán o economista Juan Manuel Cernadas e o arquitecto Guillermo Casalderrey, que participaron na confección da proposta, e o técnico Roberto Álvarez.

"DePonte anima ás diferentes administracións a tecer unha rede para potenciar e ser máis eficientes na xestión das instalacións públicas que existen na cidade e inclúe unha proposta firme por todas as modalidades deportivas, dende o deporte de lecer ata o de alta competición, pasando polo de base", explicaron este xoves responsables da plataforma xurdida do movemento dos indignados a través dun comunicado de prensa.

Comentarios