lunes. 14.06.2021 |
El tiempo
lunes. 14.06.2021
El tiempo

O marisqueo volve á area

Mariscadora en el entorno de Os Praceres. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Mariscadora na contorna dos Praceres. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
As profesionais da ría volveron ás praias tras vivir tres peches por toxina en menos de 15 días

O marisqueo a pé volveu á faena. As dúas últimas analíticas realizadas polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) arroxaron un resultado positivo, o que motivou que se levantase o peche por toxina que se decretou o pasado 28 de abril.

Trátase do terceiro peche en menos de 15 días para o sector por episodios de lipofílicas. A diferenza dos dous primeiros rexistrados, que levaron a cabo de xeito cautelar, o de finais de abril foi peche definitivo por niveis altos de toxinas detectados na auga.

Durante a mañá deste venres, os traballadores das tres confrarías do fondo da ría de Pontevedra estiveron mariscando na zona de Combarro e nos Praceres e, tal e como manifestou o patrón maior da Confraría de San Telmo, Iago Tomei, "a xornada foi moi boa". 

O parón afectou a 438 persoas que traballan na extracción de bivalvos nas praias do fondo da ría pontevedresa

Pola súa banda, a patroa da Confraría de Lourizán, Carmen Vázquez Nores, destacou "a estabilidade dos prezos" na volta ao marisqueo. "Esperemos que a semana que vén poidamos seguir igual traballando". 

Os prezos que se alcanzaron estiveron na liña das veces anteriores, sinalaron desde as confrarías. Así, a ameixa japónica vendeuse a partir de 11,31 euros o quilo, e a extra a 14,50 euros o quilo.

O parón afectou a 438 persoas que, segundo o plan de explotación do sector, traballan na extracción de bivalvos nas praias do fondo da ría pontevedresa da man das confrarías de Raxó, San Telmo e Lourizán. Como a poxa se pode realizar de forma online permite marxe de manobra aos compradores, que xa non teñen que desprazarse á lonxa.

O marisqueo volve á area
comentarios
ç