A máscara, o complemento definitivo

Nas praias, o seu uso é obrigatorio nos paseos pola beira e á hora de acceder ás mesmas
2020072011101050160
photo_camera Os bañistas da praia da Lanzada cumpriron a normativa do uso obrigatorio das máscaras nos areais. JAVIER CERVERA-MERCADILLO.

Á antuca, á crema solar, ás chancletas e ao bañador hai que sumarlle un novo complemento que, desde este domingo, é de uso obrigatorio en todas as praias da comunidade galega: a máscara.

Coa chegada da 'nova normalidade', as autoridades sanitarias tan só recomendaban o seu uso e obrigaban a levala se non se podía gardar a distancia de seguridade, así como noutros casos máis illados. Agora, co medo á segunda onda de contagios, e en vista á situación que se está vivindo en moitos puntos do país cos rebrotes, a Xunta de Galicia estableceu o uso obrigatorio da máscara en calquera circunstancia.

A que menos gustou aos galegos é a obrigatoriedade de ter que usala na praia. Nos areais tan só está excluído o seu uso en caso de non haber desprazamentos ou no percorrido desde a toalla ata a auga para o baño, e viceversa. Polo tanto, aqueles que gozan dos paseos á beira do mal terán que facer uso da máscara.

Durante a xornada do domingo, coincidindo co primeiro día desta normativa, os pontevedreses deron un gran exemplo de responsabilidade individual nos areais de toda a comarca. A pesar de que algúns atrasados aínda a mantiñan gardada na bolsa da praia, a gran maioría fixo uso da máscara nos seus paseos e saída ou entrada ás praias.

En A Lanzada, a pesar de que o día amenceu gris por mor da néboa, cerca do 80% dos bañistas luciron o seu novo complemento de praia nos paseos matutinos polo longo areal sanxenxino. Xa pola tarde, en praias como a de Lourido ou Raxó, en Poio, os bañistas levaron un suspenso, xa que, a pesar de que accedían aos areais coa máscara posta, foi máis complicado á hora dos paseos pola beira. A pesar diso, algúns turistas mostraron unha gran concienciación e un respecto cara ao uso obrigatorio das mesmas.

En Marín, a néboa deixouse asomar tamén pola tarde, que embazou o que podería ser unha espectacular tarde de domingo na praia. En Portocelo, os marinenses e os turistas mostraron un pouco máis de receo facía as máscaras, pero a pesar de que as temperaturas non son propicias para o seu uso, é necesario a implicación de todos os cidadáns e cidadás para evitar os rebrotes.

DIARIO NA RÚA. Como se viviu o primeiro día do uso obrigatorio da máscara?
encmaskCharo Fraiz. Veciña (Pontevedra): "A xente debería respectar estas medidas. Vanas a respectar? Se hai algún par de multas seguramente si que as respecten. Sen multas, hai xente concienciada e xente que non. é unha medida necesaria, agora mesmo. Estamos a relaxarnos demasiado e unha recaída poderíanos afectar moito", explica Charo Fraiz, preocupada pola situación.

encuestacallemascarillaVanesa Fernández. Veciña (Pontevedra): "Aínda que non me apetece ir con máscara, creo que as medidas son necesarias, porque está a haber tantos rebrotes que me parece que vai ser ou isto ou confinamento. Sempre vai haber xente inconsciente e xente facendo o que lle apeteza, pero creo que a maioría si que respectarán as medidas", opina Vanesa Fernández.

máscaraSonia Prado. Camareira (Pontevedra): "As persoas, como se pode ver, pasan de todo", aseguraba este domingo Sonia Prado, camareira dun establecemento de Pontevedra. "Chámaslles a atención pero seguen igual, sen ela posta. Non creo que a xente vaia respectar as medidas. Dentro si que se respecta máis, pero fóra, na terraza, ninguén está a beber e están sen a máscara posta".

Comentarios